sábado, 24 de octubre de 2009

Solucións aos exercicios.

Para axudarvos un pouco, deixovos aquí as follas coas solucións aos exercicios anteriores. Están en entradas separadas porque primeiro se fan os problemas e logo se consultan as solucións... non ao revés!
Solucións ás follas de problemas.

Problemas de Cinemática, 2ª parte

Un boletín de problemas para o segundo tema de Cinemática. Link aquí: problemas de cinemática II.
Son moitos, típicos e variados. Se sabedes facer estes, a parte práctica tédela dominada.

martes, 6 de octubre de 2009

Laboratorio de Física e Química

Aquí está a primeira experiencia de laboratorio de Física: Cinemática: mediad da velocidade nun mru.
Lembrade que no caderno de laboratorio, cada práctica debe levar unha documentación consistente en:
  1. Título da práctica
  2. Obxectivo
  3. Procedemento experimental e material utilizado
  4. Análise de datos
  5. Cuestións propostas nos guións de prácticas resoltas.

jueves, 1 de octubre de 2009

Exercicios Cinemática I

Exercicios para traballar o primeiro tema de Cinemática. Espero que vos sexan de proveito. Clic aquí Exercicios cinemática I

Benvida

Benvidos, un curso máis ao mundo da Física.
Este novo blog será a canle para a información extra que vos interese ao longo do curso: exercicios, prácticas, etc.
Benvidos a todos e todas.
PD. Un comentario cando algo sexa útil non estaría de máis.